Absolución das 15 de Arteixo!!

A Audiencia Provincial de A Coruña en sentenza ditada hoxe, recoñece que berrar A GARDA CIVIL TORTURA E ASESINA non é delito no contexto das accións PUBLICAS, LEXÍTIMAS E SOLIDARIAS de protesta realizadas pola familia e persoas solidari@s, nas que se clamaba xustiza pola morte de Diego Viña no Cuartel da Garda Civil de Arteixo (no que apareceu aforcado cos seus pantalóns no ano 2004 a idade de 22 anos).

Esta sentenza, ben a lexitimar a loita levada a cabo polos familiares, e persoas solidari@s nestes últimos 13 anos. Tempo no que permanentemente se mantivo a lexítima reivindicación do esclarecemento das escuras causas da morte de Diego Viña nese cuartel.

A sentenza ven tamén a recoñecer que había (e segue habendo) causas máis que sobradas, para por en tela de xuízo a versión oficial da morte de Diego. Xa que: apesares dos intentos de depuración de responsabilidades xurídicas levadas a cabo pola Asociación Nais Contra a Impunidade, nunha tortuosa peregrinación ante os xulgados de instrución, penal, contencioso administrativo, audiencia provincial, tribunal supremo, tribunal constitucional e tribunal europeo de dereitos humanos, estes foron quedando pouco a pouco soterrados por sentenzas e resolucións inxustas (as cales limitabanse a dar por boa a versión oficial, trasladándonos a carga de probar o que pasou nun calabozo, sen vixilancia, escuro e tétrico e dando vía libre a total impunidade).

E a pesares tamén de que como única resposta oficial obtivemos a apertura de procedementos sancionadores dirixidos contra os/as asistentes/as aos actos de protesta (sancionándose a mais de 24 persoas e impoñéndose cuantiosas multas económicas e embargos) e a incoación da causa penal que nos trae hoxe aquí na que mesmo se chegou a denunciar pola GC ao irmán do falecido xunto con 12 persoas solidarias e boas.

Pese a todo elo hoxe a Audiencia absólvenos, “porque” por vez primeira recoñece a concorrencia de elementos fácticos de relevancia como son a desconexión das cámaras do calabozo onde estaba detido Diego e a desaparición posterior do pantalón co que din que se aforcou, lexitimando a nosa non aceptación da hipótese oficial sobre o falecemento de Diego.

Con elo, non só se consegue a exoneración de responsabilidades penais graves, a restitución do honor do falecido, a finalización da criminalización da familia e dos movementos sociais que a apoiaron, senón que, amáis esta última sentenza ben a situarnos paradigmaticamente no punto inicial, no ultimo día da vida de Diego.

A versión oficial non encaixa; o que se berraba “Sí! Queremos saber como morreu Diego; non foi suicidado que foi asasinado” é lexítimo, xa que estas expresións se manteñen segundo o Alto Tribunal “dentro del marco de la libertad de acción social y quedan fuera del tipo incriminado según la  interpretación estricta que le corresponde” e de cara á Xustiza Social como a expresión máis básica e animal da carraxe frente á inxustiza e á impotencia e no dereito a loitar pola vida dos nosos seres queridos.

Dende a Asociación Nais Contra a Impunidade, queremos agradecer á infinidade de persoas solidarias, colectivos (asociacións, ateneos, radios, imprentas, grupos musicais, etc.) e individualidades que perante este proceso nos apoiaron, nos arrouparon e berraron connosco. Foron 7 anos de proceso, no que percorrimos o estado español (Vigo, Santiago, Lugo, Coruña, Ourense, Oviedo, Xixón, Castro Urdiales, Orozko, Bilbo, Barcelona, Lleida, Tarragona, Castellón, Valencia, Sevilla, Cádiz, Málaga, Granada, Almería, Murcia, Albacete, Toledo, Madrid etc, etc), dando charlas, participando en debates, programas de radio, tv; explicando as nosas razóns, transmitindo a importancia da solidariedade, o terror da impunidade, a forza do común. En tódolos sitios nos despediron cunha aperta e cun berro “se tocan ás nais tócannos a todas”.

Tamén agradecer especialmente ao colectivo xurídico (grupo de intervención xurídicosocial A Sensu Contrario) pola labor de acompañamento, asesoría e defensa da causa de Diego e nos xuízos-represalia; onde as nosas razóns se fixeron súas.

Como non, ás persoas solidarias xulgadas xunto a nós, e aos/as seus letrados/as polo respaldo, lealdade e valentía que amosaron.

Hoxe é un día alegre para todas nós; para Diego seguro que tamén.

Link ao texto da sentencia absolutoria.

1 thought on “Absolución das 15 de Arteixo!!”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *